Estudos recentes evidencian a corresponsabilidade directa de entidades financeiras internacionais no financiamento de compañías armamentísticas fornecedoras do exército israelí. Segundo o informe La banca armada y su corresponsabilidad en el genocidio en gaza (La financiación de las empresas que fabrican las armas usadas en las masacres contra la población palestina), so no Estado Español estas institucións investiron máis de 4 millóns de dólares nos últimos cinco anos en empresas que fabrican armamento empregado nos ataques contra Gaza.

Extraído do informe La banca armada y su corresponsabilidad con el genocidio de Gaza, Centre Delàs.
Analizando datos dos últimos 10 anos, identifícase o Top 100 de institucións financeiras con responsabilidade no xenocidio en Gaza, sendo entidades europeas e estadounidenses as que lideran a lista. A través de créditos, subscrición de bonos e participación accionarial, estas entidades permiten a escalada militar que xa causou máis de 70.000 vítimas palestinas.
A investigación establece unha correlación directa entre estes fluxos financeiros e a capacidade operativa de brigadas militares implicadas en ataques a hospitais, escolas e campos de refuxiados. Neste contexto, considérase que estas prácticas bancarias constitúen complicidade en violacións do Dereito Internacional Humanitario.
Ante estes feitos, promóvese a migración cara a entidades de finanzas éticas verificadas.
Chamada á acción:
¡Infórmate e pasa a acción! ¡Pecha a túa conta! Podes consultar en bancaarmada.org e atopar alternativas.
💪 Ayúdanos: pepaloba.org/#asociate
✊ Únete: ecoarglobal.org/gl/espazo-activista/