Alugueres Turísticos na UE: A Especulación que Destrúe as Cidades

A expansión dos alugueres turísticos de curta estancia facilitados por plataformas dixitais como Airbnb, Booking ou Expedia transformou profundamente a vida urbana na Unión Europea. En 2024 rexistráronse máis de 854 millóns de noites reservadas, un récord histórico que evidencia o crecente poder dun modelo económico globalizado que prioriza o beneficio privado sobre as necesidades dos residentes.

Lonxe de ser unha actividade neutral, este boom está exacerbando a crise da vivenda. En cidades como Madrid, Barcelona, París ou Roma, os prezos e alugueiros disparáronse mentres numerosos pisos de longa duración se reconverten en aluguer turístico, reducindo drásticamente a oferta dispoñible para quen vive nelas. O dereito a unha vivenda digna está sendo sacrificado polo interese económico de plataformas e investidores, mentres as políticas públicas chegan tarde e de forma fragmentaria.

Os efectos sociais tamén son evidentes. Os barrios tradicionais ven desaparecer o comercio local e os servizos comunitarios, substituídos por negocios orientados exclusivamente ao visitante. A cohesión social e a calidade de vida dos residentes están ameazadas, e a desigualdade entre quen se beneficia do turismo e quen sofre as súas consecuencias tense acentuado. A transformación urbana non é un efecto colateral, é unha consecuencia directa de políticas permisivas e dunha regulación insuficiente.

A responsabilidade política é central. Sen un control efectivo, o turismo seguirá servindo aos intereses privados e non ao ben común. O verdadeiro desafío non é buscar un equilibrio entre turismo e residentes, senón poñer freo á especulación urbana que destrúe cidades, garantindo que as urbes europeas non se convertan en parques temáticos sen vida propia, senón en espazos habitables e xustos para quen nelas viven.

📸 Noites reservadas en alugueres vacacionais na UE. Elaboración: El Orden Mundial

Contidos relacionados