A Europa fortaleza refórzase, pagan as de sempre

A Unión Europea pon en marcha o novo Pacto Europeo de Migración e Asilo (PEMA) hoxe, 12 de xuño de 2026, un conxunto de dez textos lexislativos que constitúen a reforma máis ampla do sistema común de asilo das últimas décadas.

A normativa, debatida dende 2020 e aprobada polo Parlamento Europeo no 2024, establece un procedemento de triaxe obrigatorio nas fronteiras con identificación, recompilación de datos biométricos e controis de seguridade. Ademais, reforza a Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas (Frontex), sinalada pola súa opacidade, actuacións cuestionables e as violacións de dereitos humanos; así como promove a externalización do control migratorio mediante acordos con terceiros países e facilita as expulsións.

A Comisión Europea presentou en marzo de 2025 unha proposta de Regulamento de Retorno que permitiría a creación de centros de devolución fóra do territorio comunitario, como o cárcere para persoas migrantes en Mauritania acordado co Estado español. Estas políticas non fan máis que incrementar as expulsións ilegais e as mortes no mar, ao tempo que debilitan as garantías procesuais das persoas solicitantes de asilo.

O enfoque meramente disuasorio non resolve as causas profundas da migración e agrava as violacións dos dereitos humanos nas fronteiras. O pacto adopta un enfoque securitario, criminalizando a migración, e impón obrigas como manterse localizable ou facilitar datos biométricos. Os fluxos migratorios non cesarán, senón que se desviarán por rutas máis perigosas, expondo as persoas a maiores riscos.

Contidos relacionados