Armas e Negocios: Quen Financia a Máquina de Guerra Israeli?

A destrución sistemática do pobo palestino estrutúrase sobre un complexo militar-industrial global. Estímase que o 69% do armamento pesado importado por Israel para arrasar á poboación palestina procede de corporacións estadounidenses e mentres que o 30% proceden de corporacións alemanas (SIPRI, 2023).

  • Lockheed Martin (EEUU): Subministra F-35 e bombas guiadas JDAM. Opera en Europa mediante filiais como MBDA (Reino Unido/Francia/Alemaña) que fabrican mísiles Aster.
  • General Dynamics (EEUU/Canadá): Fabrica municións MK-80 utilizadas en bombardeiros. Manufactúranse en plantas de Polonia e España (onde ten instalacións cunha alta controversia en Alcalá de Henares).

En Europa, corporacións de diferentes países teñen contratos licitados con esta finalidade.

  • Rheinmetall AG (Alemaña). Fabricante de vehículos blindados que ten suministrado munición e compoñentes para Israel.
  • Atlas Elektronik (Alemaña). Empresa alemá que colabora no mantemento de submarinos Dolphin utilizados por Israel a través de asociacións industriais.
  • Leonardo S.p.A. (Italia). Empresa italiana de defensa cuxa área de fabricación de avións e compoñentes (por exemplo o modelo M‑346) foi exportada a Israel.

Ademais hai corporacións armamentísticas israelís que teñen plantas en territorio europeo ou acordos con empresas europeas do sector. Un exemplo é Elbit Systems que prové drons Hermes 450 usados en Gaza e Cisxordania e ten plantas en Reino Unido (Staffordshire) e sociedades coa francesa Thales.

A lexislación europea permitiu estas transaccións mediante o artigo 346 do TFUE, que exime de control as vendas “esenciais para a seguridade nacional”. Esta cláusula favoreceu contratos millonarios (estímase que máis de 1000 millóns dende o 2023) a pesar de contravir a Cuarta Convención de Xenebra que prohibe comerciar armamento cando se emprega para cometer crimes de guerra.

A campaña global BDS (Boicot, Desinvestimentos e Sancións contra Israel) identificou máis de 130 empresas colaboracionistas en Europa. Caso sobranceiros son os de bancos como HSBC ou Deutsche Bank que financian estas operativas mediante créditos en paraísos fiscais.

Contidos relacionados