As grandes corporacións son os grandes imperios do s. XXI: mediante o control da produción, comercialización e distribución de todo tipo de bens necesarios para a vida acadan niveis de ingresos maior ao PIB de moitos estados.
O obxectivo das grandes corporacións é maximizar os seus beneficios a costa da violación reiterada dos dereitos humanos e o medioambiente. A devastadora expansión do poder económico das transnacionais non tería sido posible sen o apoio dos Estados, evidenciando o poder político que poseen. Ademais, o poder xurídico do que gozan, permite que actúen cun alto nivel de impunidade. O último alicerce necesario para asentar o poder corporativo é o mediático, xa que as empresas teñen enorme influencia e capacidade de persuasión sobre as sociedade.
No sistema actual as compañías multinacionais incrementan os seus beneficios exponencialmente, aproveitando incluso as situacións de crise sistémica para acelerar os procesos de ganancia e incrementar o seu poder. A lóxica do beneficio infinito así como a consideración de que todo é comercializable implica a destrución dos dereitos das persoas e do medio ambiente, así como da democracia mesma.
O poder corporativo sostense grazas a un complexo entramado que forma a arquitectura xurídico-política. É necesario por unha banda, establecer urxentemente mecanismos de control mediante normas e regras que obriguen a respectar os dereitos humanos. Por outra banda, recuperar o espazo público ocupado polas transnacionais, construíndo un marco de intercambio e creación de alianzas entre comunidades e movementos sociais. Poñer fin á impunidade do poder corporativo e reivindicar a soberanía dos pobos pasa por acadar os seguintes obxectivos:
iÚnete á rede de persoas que construímos unha estrutura independente, eficaz e eficiente para facer fronte ás inxustizas que se dan no mundo.
AsóciateParticipa de xeito activo con activistas de todo o mundo a través de iniciativas, accións e campañas en prol dos dereitos, as liberdades e o planeta.
Faite activistaDescobre que sucede no mundo a través dunha ollada baseada na acción, a dignidade, a ética e a xustiza… e fai correr a voz!
Suscríbete