O poder corporativo eríxese sobre unha arquitectura da impunidade que é preciso desmantelar. Os DDHH e o planeta deben ser protexidos por enriba dos beneficios económicos das empresas transnacionais. Stop Corporate Impunity é unha campaña global que defende a necesidade dun Tratado Vinculante que destape o poder e remate coa impunidade das grandes empresas e asegure a superioridade xerárquica das normas de defensa dos DDHH e o medioambiente.