Ecoloxismo e resistencia

0
millóns de persoas
desprazáronse internamente debido aos desastres naturais provocados polo cambio climático no ano 2022
0
ºC
A terra sufrirá un aumento de temperatura de 3 grados para 2100 se non reducimos emisións
X
0
Enfrontámonos ao dobre de días de risco extremo de incendio na cunca mediterránea que fai 40 anos.

O problema:

A cifra de 1,5º foi o límite crítico que 195 nacións estableceron no Acordo de París” da COP21 (2015), motivado polas múltiples evidencias científicas que vaticinaban que un aumento maior de temperatura media do planeta tería consecuencias devastadoras e irreversibles para a vida na terra. Lonxe de actuar en consecuencia, o colofón de case unha década de inacción é que 2024 converteuse no ano máis caloroso xamais rexistrado e o primeiro cunha temperatura superior á cifra límite de 1,5º. Ademais, tamén bateu o récord global de emisións fósiles de CO2.

A catástrofe ecolóxica e climática á que nos enfrontamos é global. Porén, as responsabilidades desta situación e, polo tanto, da necesaria solución a través dunha transición cara a un sistema que respecte os límites biofísicos do planeta, recae en actores moi concretos. En primeiro lugar aparecen as grandes potencias internacionais que teñen unha enorme responsabilidade tanto por ser os principais axentes causantes do cambio climático como por ter unha enorme capacidade para combatelo de maneira efectiva. En segundo lugar, son as transnacionais quen, apoiadas polo poder financeiro, provocan un enorme desequilibrio ambiental a través dos diversos procesos de extracción e control dos recursos naturais. Por último, os medios de comunicación e as redes sociais que contan cun papel primordial no establecemento do marco discursivo e a “axenda”, a miúdo adoitan funcionar como unha extensión dos poderes económico-políticos.

Unha parte fundamental da reparación da crise climática pasa porque os causantes asuman a súa responsabilidade no problema e paguen a débeda climática. Porén durante os últimos 30 anos a lexislación internacional sobre comercio e investimentos vén primando sobre a emerxencia climática. Isto non é máis que un síntoma de que o problema ao que nos enfrontamos é estrutural, e polo tanto resolver a crise non é unha cuestión de disciplina individual. Os debates sobre como abordar a crise climática adoitan xirar ao redor das diversas propostas de Green New Deal, se ben é un debate falaz xa que o capitalismo non pode resolver a crise climática, pois este é a principal causa desta crise. O capitalismo verde pretende mitigar os síntomas do capitalismo -quecemento global, extinción masiva de especies, destrución de ecosistemas- sen transformar o modelo de acumulación e consumo que vén causando esta situación.

0
ºC
O ano 2024 foi o máis cálido e o primeiro por enriba de 1,5º

A Solución:

ECOAR))) cre que o capitalismo é un sistema inherentemente daniño para as persoas e o medioambiente. Traballamos para sinalar e confrontar aos e ás responsables da crise ecolóxica e climática así como para construír solucións que fundamentadas na idea de que só se pode dar un cambio estrutural a través dunha loita colectiva e solidaria que se afaste da perspectiva que propón solucionar un problema de calado e ámbito global a través dunha sucesión de actos individuais:

  1. Esiximos que as grandes potencias económicas lideren unha acción coordinada para afrontar a emerxencia climática e ecolóxica actual.
  2. Reclamamos que a acción climática sexa acorde á súa posición de poder na política ambiental global, así como a súa capacidade tecnolóxica e económica.
  3. Loitamos para rematar coa impunidade coa que as empresas transnacionais destrúen o medioambiente.
  4. Reivindicamos a protección do dereito á información, avogando pola transparencia e loitando contra a manipulación nos medios e redes sociais.
  5. Apostamos por construír alternativas sistémicas que protexan os DDHH e o medioambiente por enriba dos beneficios das grandes corporacións.

Que facemos nós

Que podes facer ti

Desenchufarte das empresas transnacionais.

Apóianos

Únete á rede de persoas que construímos unha estrutura independente, eficaz e eficiente para facer fronte ás inxustizas que se dan no mundo.

Asóciate

Únete

Participa de xeito activo con activistas de todo o mundo a través de iniciativas, accións e campañas en prol dos dereitos, as liberdades e o planeta.

Faite activista

Infórmate

Descobre que sucede no mundo a través dunha ollada baseada na acción, a dignidade, a ética e a xustiza… e fai correr a voz!

Suscríbete