O Xenocidio Israelí: Desmontando a Narrativa Sionista

A limpeza étnica do pobo palestino iníciase en 1948 coa Nakba (“catástrofe” en árabe), cando forzas sionistas desprazaron a 750.000 persoas e destruíron 530 pobos. Datos de arquivos israelís (como os Arquivos do Estado de Israel) deixan ver que ese proceso de expulsión e limpeza étnica foi planificada sistematicamente. Na actualidade menos do 20% do territorio histórico palestino de antes de 1948 pertence ao seu pobo (habendo fontes comparadas que amosan que a redución territorial palestina chega incluso ata o 94% (respecto de 1946) nas actuais Cisxordania e Gaza baixo ocupación militar).

Os mitos fundacionais do estado israelí baseáronse en tres falsos relatos: a idea de “terra sen pobo para un pobo sen terra”, negando a presenza árabe secular; a suposta legalidade do repartimento territorial da ONU en 1947 —rexeitado polos países árabes por ignorar dereitos demográficos—; e a narrativa de “guerra defensiva” en 1948, que se ve contradita polo Plan Dalet que é anterior á esa “guerra defensiva” e ordenaba a expulsión de civís, a ocupación de vilas e cidades palestinas, así como a destrución das aldeas para impedir o retorno e o control total das zonas estratéxicas.

A ocupación actual segue patróns coloniais identificados pola ONU (informe ESCWA/2017): expansión de asentamentos ilegais (máis 700.000 colonos en Cisxordania), apartheid (existen centos de normas discriminatorias con máis de 65 leis discriminatorias directas), e violencia estrutural. Gaza permanece baixo bloqueo desde 2007 con taxas de desnutrición infantil similares a zonas en guerra aberta.

As políticas israelís cumpren claramente cos indicadores do xenocidio: asasinato e destrución física (máis de 35.000 palestinxs asasinadxs dende 2008 ata 2023 e máis de 70.000 palestinxs dende o 7 de outubro de 2023. A quen hai que engadir xs máis de 400 asasinadxs por Israel dende o “alto ao fogo” de 2025); dano grave á integridade física ou mental (tortura, violencia psicolóxica extrema…); sometemento a condicións de vida que buscan a destrución física total ou parcial (o 80% da poboación depende de axuda humanitaria, o 97% da auga non é potable, máis de 65.000 fogares e infraestruturas foron destruídas en Palestina dende o 2000); así como tamén desprazamentos forzosos (aos/ás 750.000 palestinxs desprazadxs en 1948 (Nakba) hai que engadir un fluxo continuo que ten o ano 2024 e o 2025 como anos récord pois hai case 2 millóns de persoas en cada un deses períodos. O pobo palestino ten 6 millóns de refuxiadxs espalladxs por todo o mundo).

A construción dun discurso vitimista por parte de Israel buscando xustificar o seu proceso xenocida e colonial sobre o pobo palestino quebrouse nos últimos anos, en prol du movemento de solidariedade internacional co movemento de resistencia palestina que empeza a dar os seus froitos (boicots internacionais a eventos deportivos e sociais, comités populares de distribución de alimentos, orde de arresto internacional que pesa sobre Netanyahu por crimes de guerra e lesa humanidade…).

Contidos relacionados