Catro activistas prol-palestinxs do grupo (actualmente proscrito en Reino Unido) Palestine Action levan en folga de fame dende o 2 de novembro de 2025. Outrxs catro tiveron que deter a súa folga de fame hai uns días tras ser hospitalizadxs. Empezárona como último recurso tras esixir que se respecten os seus dereitos en prisión e ser ignoradxs, despois de meses de encarceramento sen xuízo, interferencias nas súas comunicacións con familiares e avogadxs, e desatención médica. Mantéñenxs encarceradxs á espera de xuízo, acusadxs de causar danos materiais a unha fábrica de armamento propiedade de Elbit Systems en Filton, preto de Bristol, e tamén nunha base das forzas aéreas en Oxfordshire. Estas accións nonviolentas estaban destinadas a parar a maquinaria de guerra coa que Reino Unido apoia o xenocidio en Gaza.
O estado de saúde dxs novos activistas, de idades comprendidas entre os 20 e os 31 anos, é moi grave: Lewie Chiaramello é diabético e negóuselle supervisión médica, Kamran Ahmed foi hospitalizado cinco veces, Teuta Hoxha está a ter taquicardias, insomnio, e a súa memoria empeza a deteriorarse, e Herba Muraisi, no seu día 63 sen comer, está a perder a capacidade de falar. Os seus seres queridos seguen sen poder comunicarse con elxs de xeito fluído. Expertxs da ONU, entre elxs Francesca Albanese, expresaron a súa preocupación perante a posibilidade real de morte inminente dxs activistas. A situación empeza a lembrar en Reino Unido á actuación do goberno británico cxs presxs políticxs irlandeses en 1981 a quen acabaron deixando morrer tras 60 días de folga de fame. Onte pola tarde, miles de persoas marcharon e protestaron en distintos puntos de Inglaterra para demandar a súa liberación ao goberno. Pola noite, centos de persoas foron reprimidas duramente pola policía inglesa ás portas da prisión HMP New Hall onde se atopa Herba Muraisi, nunha protesta en solidariedade co activista prol-palestina.
Xs activistas tamén demandan ao goberno británico que des-proscriba Palestine Action, movemento global de acción directa nonviolenta cuxa misión é “parar a participación internacional no réxime de apartheid de Israel.” En Reino Unido centraban a súa actuación en desmantelar a compañía armamentística Elbit Systems, provedor de Israel, conseguindo parar a produción de numerosas fábricas e a perda de contratos millonarios desta empresa. Palestine Action foi proscrito en Reino Unido o pasado 2 de xullo de 2025, sendo clasificada como “organización terrorista”, na mesma categoría que grupos armados como Al-Qaeda e ISIS. Tras a proscrición, miles de persoas amosaron o seu apoio ao grupo, e detívose a máis de 1.600 persoas simplemente por mostrar carteis de apoio a Palestine Action baixo cargos de apoio ao terrorismo.
Toda a nosa solidariedade cox/coas activistas e con Palestine Action. Esiximos ao goberno británico que respecte os dereitos e liberdades da súa propia cidadanía, que libere inmediatamente aos/ás activistas, que acabe coa represión política brutal que está a cometer nos últimos anos (especialmente contra o movemento pro-palestino) e que deixe de financiar e apoiar o xenocidio en Palestina. O goberno británico debe actuar xa! Como aseverou Audrey Corno, activista prol-palestina en Reino Unido: “Prometemos ao goberno que a resistencia de lxs prisionerxs e o pobo contra o xenocidio [en Gaza] e contra a ocupación e apartheid [de Israel] non vai terminar ata que isto acabe.”