Hondurasgate: unha trama de EEUU e Israel para eliminar ás esquerdas en Latinoamérica

Unha filtración de 37 audios revela unha presunta operación conxunta de Estados Unidos e Israel para influír en políticos latinoamericanos, desestabilizar gobernos progresistas e favorecer o retorno ao poder do expresidente hondureño Juan Orlando Hernández , condenado por narcotráfico e posteriormente indultado por Donald Trump. As gravacións, difundidas polo medio Diario Red e o sitio Hondurasgate.ch, abranguen conversacións mantidas entre xaneiro e abril de 2026 a través de aplicacións como WhatsApp, Signal e Telegram.

No centro das acusacións aparece Juan Orlando Hernández, que gobernou Honduras entre 2014 e 2022. En 2024 foi sentenciado en Nova York a 45 anos de prisión por conspirar para importar centos de toneladas de cocaína aos Estados Unidos, nun caso no que os fiscais cualificaron o país como un “narcoestado”. Con todo, Trump indultouno a fins de 2025, en vésperas das eleccións hondureñas que gañaría Nasry Asfura. Nun dos audios, unha voz que a investigación atribúe a Hernández afirma: “O diñeiro do indulto nin sequera saíu de vostedes. Saíu dunha xunta de rabinos” e engade que o primeiro ministro israelí Benjamín Netanyahu tivo “todo que ver” coa súa liberación e coa negociación.

Os audios tamén describen un plan para converter Honduras nun enclave estratéxico ao servizo de intereses estranxeiros. Entre as medidas negociadas están a expansión das Zonas de Emprego e Desenvolvemento Económico (ZEDES), que permiten xurisdicións privadas alleas ao Estado; a construción dunha nova base militar estadounidense; un tratado de libre comercio; e lexislación favorable a empresas de intelixencia artificial. Hernández desenvolvería ademais a creación dunha “célula informativa” con sede en Estados Unidos, financiada en parte polo presidente arxentino Javier Milei con 350.000 dólares, para “extirpar o cancro da esquerda” en Latinoamérica, con México e Colombia como primeiros obxectivos.

Tras as revelacións, a presidenta mexicana Claudia Sheinbaum atribuíu a trama a un esforzo da “dereita internacional” para difundir falsedades. O presidente colombiano Gustavo Petro cuestionou nunha rede social: “Que razón ten o señor Netanyahu para pagar por liberar un gran narcotraficante, expresidente de Honduras, só co fin de destruír o goberno de Colombia e México?” . Mentres Hernández negou que a voz que aparece nos audios é a súa e denunciou unha campaña de desinformación, ao tempo que o sitio web Hondurasgate.ch recibiu no seu primeiro día máis de 40.000 ataques de hacking procedentes de Estados Unidos e Israel.


Fontes

Contidos relacionados

MC_Plan Europeo Vivenda_Foto_WbX (c)
+ info
MC_2026_05_14_Doutrina_Shock_WbX (c)
+ info
MC_2026_05_13_Privacidade_WbX (c)
+ info