9 de agosto: Día Internacional dos Crimes Estadounidenses contra a Humanidade

O 9 de agosto conmemórase o Día Internacional dos Crimes Estadounidenses conra a Humanidade, unha efeméride promovida por intelectuais, artistas e movementos sociais latinoamericanos para denunciar as violacións sistemáticas de dereitos humanos e legalidade internacional cometidos contra os pobos por parte dos Estados Unidos de América en tódolos continentes. A iniciativa xurdiu en 2017 da man de xornalistas e intelectuais e é apoiado e promovido por numerosos organismos en pro dos dereitos humanos e institucións.

A data non é arbitraria: malia que é difícil atopar unha data na que este país non cometera unha invasión, bombardeo ou golpe de Estado encuberto, esta foi escollida en recordo do lanzamento da segunda bomba atómica sobre a cidade xaponesa de Nagasaki, o 9 de agosto de 1945, tres días despois do ataque a Hiroshima. Estes bombardeos, que causaron unhas 200.000 vítimas mortais, na súa maioría civís, son un dos exemplos máis emblemáticos do terrorismo de Estado estadounidense.

Cabe subliñar que aínda que outros países imperialistas (Francia, Reino Unido, Israel, por citar algúns) cometeron crimes de lesa humanidade, Estados Unidos supera a todos en número, sistematización e alcance das súas atrocidades. A responsabilidade de este país como hexemón é se cadra maior, ao organizar arrasamentos sociais sistemáticos en América Latina, Asia e África, financiar ditaduras, torturar e adestrar torturadores.

Como exemplo, EEUU interviu en máis de 65 ocasións en América Latina, en 20 Estados, 36 delas con accións militares. Moitas veces estas inxerencias pretenden ser encubertas, como foi o programa Phoenix no sudleste asiático ou o Plan Cóndor en América Latina, o bloqueo a Cuba. Reforza ademais o militarismo con ferramentas como a OTAN, ignorando ou instrumentalizando as institucións e tratados internacionais.

Se ben a data foi ben acollido por parte da poboación latinoamericana dende que o entón presidente de Bolivia, Evo Morales, divulgara en 2018 a campaña, esta ten aínda escaso seguemento en países que son potencias subordinadas de facto.

A conmemoración do 9 de agosto non é unha celebración, senón un acto de memoria histórica e denuncia política. Visibilizar estes crimes é unha ferramenta para contrarrestar o relato oficial de Estados Unidos como “defensor da democracia” e para alertar sobre os riscos do seu unilateralismo e militarismo, que degradan a convivencia internacional e impiden a construción dunha orde mundial xusta e pacífica.

Contidos relacionados

_La+dictadura+es+terrorismo__+50+aniversario+de+los+cinco+últimos+fusilados+del+franquismo-2063503009
+ info
imaxe inicio web + IG
+ info
incendios 2010-2026
+ info