Democracia e soberanía

0
%
da poboación vive baixo un réxime autoritario*
0
países aprobaron reformar legais para limitar as liberdade de expresión, asociación e reunión
0
%
Nun réxime democrático como España o 20% da poboación vive en risco de pobreza

O problema:

A democracia que caracterizan aos Estados Modernos preséntase como expresión máxima da idea de xustiza e da participación cidadá da vida pública. Porén, este modelo democrático convive con a agudización das desigualdades sociais producidas polo sistema capitalista, o agravamento da crise ecolóxica, a usurpación de dereitos fundamentais por parte de poderes privados, o escaso control cidadán sobre políticas públicas, a ausencia de mecanismos de control democráticos da política…

A democracia liberal burguesa caracterízase pola eliminación da participación directa na toma de decisións, onde a responsabilidade das persoas queda relegada a unha función electiva da representación. Estos líderes políticos constitúen unha elite, ligada aos intereses da clase empresarial. Ademais, trátase dun sistema político baseado nas liberdades individuais e a propiedade privada ilimitada, así como na falacia de que o crecemento económico liberal propicia o benestar da sociedade. A este contexto se lle suma a crecente criminalización da protesta que se está impoñendo en diversos Estados, cunha intención clara de asociar a protesta con elementos que perturban a orde normal. A consecuencia disto é un modelo de control social baseado no medo, sacrificando dereitos e liberdades a cambio da sensación de seguridade.

Faise, polo tanto, imprescindible a ruptura inapelable coa representación tradicional, radicalizando a propia democracia ao tempo que recupera a súa dimensión emancipadora, crítica e participativa. É indispensable a creación dunha democracia baseada na participación popular que permitar exercer a soberanía por enriba da propiedade, os monopolios e a ganancia ilimitada. Será esencial a procura de novos marcos nos que os dereitos humanos sexan o único criterio lexítimo para articular as políticas democráticas e configurar o poder político e gobernante do Estado. Fronte á democracia liberal burguesa que procura a reprodución do sistema capitalista, apelamos a unha democracia baseada na soberania popular.

0
activistas e periodistas sancionadas pola Ley Mordaza, por exercer pacíficamente o seu dereito á protesta ou documentar a actuación policial

A Solución:

É necesario blindar dereitos democráticos fundamentais como son o dereito á protesta e á defensa, para o que é necesario acadar os seguintes obxectivos:

  1. Derrogar as leis mordaza.
  2. Eliminar os castigos penais da resistencia pacífica.
  3. Rematar coa arbitrariedade policial.
  4. Abolir a presunción de veracidade dos axentes e de forza e corpos de seguridade.
  5. Recuperar o dereito á información en manifestacións.
  6. Prohibición de armamento por parte da policía nas manifestacións.
  7. Reclamar a distinción xurídica entre terrorismo e disidencia, e entre violencia e vandalismo.

Que facemos nós

NsD
+ info
DqD
+ info

Que podes facer ti

Apóianos

Únete á rede de persoas que construímos unha estrutura independente, eficaz e eficiente para facer fronte ás inxustizas que se dan no mundo.

Asóciate

Únete

Participa de xeito activo con activistas de todo o mundo a través de iniciativas, accións e campañas en prol dos dereitos, as liberdades e o planeta.

Faite activista

Infórmate

Descobre que sucede no mundo a través dunha ollada baseada na acción, a dignidade, a ética e a xustiza… e fai correr a voz!

Suscríbete