O caso Filmoteca Maldita: dereitos de autor e memoria cultural

A plataforma “Zoowoman”, xestionada polo youtuber coñecido como “El Feo”, naceu cun obxectivo claro: rescatar e compartir cinema descatalogado, aquel que as produtoras abandonaran e que xa non se atopaba en circuíto comercial. Sen publicidade, sen subscricións e sen ningún beneficio económico directo, o repositorio albergaba enlaces a preto de 11.000 títulos, empregados incluso como material bibliográfico en universidades de América Latina e do Estado Español. O proxecto, xunto coa canle “La Filmoteca Maldita” (máis de 250.000 subscritores), representaba un esforzo por preservar a memoria cultural fronte ao esquecemento imposto polas lóxicas de mercado.

En outubro de 2021, cinco axentes antidisturbios irromperon no domicilio do creador en Burgos nun operativo de gran repercusión mediática. Tras pasar unha noite no cabozo, “El Feo” foi acusado dun delito contra a propiedade intelectual pola Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales (EGEDA), presidida polo magnate Enrique Cerezo, presidente to clube de fútbol Atlético de Madrid. A fiscalía solicitou dous anos e medio de prisión e unha indemnización de 870.000 euros, ademais da eliminación total da súa pegada en internet. A acusación baseouse na reforma do Código Penal de 2015, que non esixe lucro directo, abondando cun beneficio “indirecto” que, no caso, se sustentou en doazóns por valor de 12.000 euros en catro anos.

Enrique Cerezo é, ademais propietario de “Enrique Cerezo Producciones Cinematográficas” e “Video Mercury Films”, a canle de televisión “8madrid TV” e a cadena de salas de cine “Conde Duque-Verdi“. Un imperio mediático que supón o control do 70% do considerado cine español, o que permitiulle fundar o servizo de streaming “FlixOlé” onde agora pódese atopar, tras un muro de pago, o contido que recopilouse en Zoowoman.

O debate xurídico e social que se desprende deste proceso transcende a figura do acusado. A pregunta de fondo é se o dereito de autor debe ser un mecanismo de control que restrinxa o acceso á cultura en favor de explotacións comerciais privadas, ou se, pola contra, a cultura como patrimonio colectivo merece canles alternativos de difusión. O fenómeno do “Lost Media” (obras inaccesibles) cobra aquí unha dimensión crítica: cando unha película desaparece das plataformas, tamén o fai a posibilidade de que as novas xeracións a coñezan. Zoowoman cubría ese oco sen competir coas grandes empresas, senón complementando un baleiro que o mercado non atende.

A petición de cárcere para un divulgador sen ánimo de lucro resultou desproporcionada para numerosos sectores, que ven neste caso un intento de criminalizar calquera iniciativa allea aos grandes monopolios do entretemento. O ofrecemento dun acordo (reducir a pena a un ano a cambio de pagar 100.000 euros) foi rexeitado polo acusado, que optou por levar o caso a xuízo. O desenlace sentará un precedente determinante sobre os límites da propiedade intelectual na era dixital e sobre quen ten dereito a conservar e difundir o legado cinematográfico. Mentres tanto, a comunidade de cinéfilos e defensores da cultura libre segue atenta, coa certeza de que o que está en xogo é o propio concepto de memoria compartida. O proxecto continúa activo en https://zoowomaniacos.org/, o que demostra a determinación da comunidade por manter viva a cultura cinematográfica fronte ás presións xudiciais. Desde este espazo faise un chamamento a solidarizarse con “El Feo” e a informarse máis sobre o caso, porque a defensa da memoria cultural é unha responsabilidade de todxs.

Fontes:

Contidos relacionados

MC_2026_07_Documental La Gran Redada
+ info
MC_2026_07_08_Ext derecha pogromos_WbX (c)_V
+ info
MC_2026_07_06_Guinea Ecuatorial_WbX (c)_V
+ info