12 de outubro, nada que celebrar

O Estado Español segue a celebrar, un ano máis, o maior xenocidio da historia. O 12 de outubro, «Día da Hispanidade», marca a data na que Cristovo Colón chegou a América en 1492. Unha data que representa, para algunhas persoas, o inicio do imperio español e, para outras, o comezo dunha colonización sanguenta do continente americano.

A morte de 80 millóns de persoas nativas americanas (o 90 % da poboación indíxena total, segundo as estimacións) e o intento de aniquilación de civilizacións enteiras non parecen motivos para celebrar nada. Porén, no Estado Español, este día segue a ser unha data de exaltación nacional, con desfiles militares e símbolos patrióticos por todas partes. Hoxe, nalgúns países de Abya Yala segue a celebrarse o imposto «Día da Raza» aínda que, cada vez máis, ábrese o paso á reivindicación como «Día da Resistencia Indíxena».

A narrativa dominante do «descubrimento de América» non consegue agochar a historia de abusos, matanzas sistemáticas e espolio das riquezas de toda Abya Yala por parte do imperio español durante séculos. Un espolio que continúa vixente hoxe en día a través de empresas españolas como Repsol, Telefónica, BBVA o Banco Santander. O Estado Español fixo oídos xordos ás demandas de reparación de países como México ou Venezuela, e as celebracións deste día non fan máis que atentar contra a dignidade dos pobos que resisten no continente americano.

Diversas asociacións indíxenas e descoloniais asinan un manifesto nesta xornada no que esixen reparación e a derrogación das leis racistas do Estado Español. Así mesmo, denuncian que «ata hoxe, o uso da forza militar, as fronteiras artificiais, os mares convertidos en cemiterios e as violencias racistas estruturais e cotiás son a continuidade da Orde Colonial».

En varias cidades do territorio español houbo hoxe actos e manifestacións que contrarrestaron esta «festa nacional». Abya Yala resiste!

Fontes

  1. “Día de la Resistencia Indígena, por la defensa de las identidades culturales”. Comisión Nacional de los Derechos Humanos México. https://www.cndh.org.mx/sites/default/files/documentos/2025-10/FRI_OCT_12.pdf

  2. Williams, Charlotte. 2023. “Estimación de la pérdida de población y secuelas de la colonización”. Despojos en las Américas. https://dia.upenn.edu/es/content/WilliamsC004/

  3. Paola Rubio. 2026. “La Asamblea Descolonicémonos convoca un año más una marcha en Madrid contra la celebración del 12 de Octubre”. Diario Red. https://www.diario-red.com/articulo/espana/asamblea-descolonicemonos-convoca/20261011172930078145.html

  4. Neo-colonialismo petrolero en la Selva Ecuatoriana. Impactos socioambientales de 24 años de actividad extractiva de la empresa Repsol en el Parque Nacional Yasuní. Informe de Medicus Mundi. https://www.medicusmundi.es/storage/resources/publications/673af4bdd51ff_medicus-mundi-yasuni-cas-def.pdf

  5. Ana Karen Celaya G. 2025. España ya quiere “normalizar” las relaciones con México pese a “claroscursos” entre ambos países, asegura el presidente Pedro Sánchez. El Imparcial. https://www.elimparcial.com/mundo/2025/11/09/espana-ya-quiere-normalizar-las-relaciones-con-mexico-pese-a-claroscursos-entre-ambos-paises-asegura-el-presidente-pedro-sanchez/

  6. Venezuela reclamará a España reparaciones por saqueo durante el colonialismo. 2024. TeleSurTV. https://www.telesurtv.net/venezuela-reclamara-a-espana-reparaciones-por-saqueo-durante-el-colonialismo/

  7. Descolonicémonos. Rebeldía y Sanación contra siglos de opresión. Manifiesto 2026. Asamblea Descolonicémonos 12 de octubre nada que celebrar. https://www.instagram.com/p/DeSD2nHiI0B/

Contidos relacionados

BRITAIN-SCOTLAND-US-EU-TRUMP
+ info
MC_2026_10_06_Imaxe cambio climático_WbX (c)
+ info
MC_2026_10_02_Imaxe Tlatelolco_WbX (c)
+ info